Jetzt bestellen : Schweizerische Zivilprozessordnung (Art. 1–352 ZPO sowie Art. 400–408 ZPO)

En este son un cantar farei : estudos sobre o universo das cantigas

Herausgegeben von:
Eirín, Leticia

En este son un cantar farei. Estudos sobre o universo das cantigas recolle once traballos que presentan aproximacións recentes ao estudo das cantigas medievais galego-portuguesas, e nomeadamente das pertencentes ao xénero de amigo. Focan aspectos tan fundamentais como as peculiaridades da transmisión manuscrita e codicolóxica das cantigas, a xenealoxía dos trobadores, a edición crítica dos textos, alén da revisión de proxectos en curso como Universo Cantigas ou de relecturas poéticas que se fixeron e fan do xénero de amigo nas poesías galega, portuguesa e brasileira contemporáneas. Estes estudos son obra de doce especialistas procedentes dos ámbitos galego, portugués e italiano e pretenden contribuír a ampliar, desde o rigor filolóxico e tamén histórico, este campo de investigación, coa esperanza de abrir novos diálogos e percursos que engrandezan o xa vizoso ámbito do universo das cantigas galego-portuguesas.

September 2025, 237 Seiten, Medievalia Hispanica, Bd. 44, Spanisch
Vervuert Verlagsges.
978-3-96869-692-8

Weitere Titel der Reihe: Medievalia Hispanica

Alle anzeigen

Weitere Titel zum Thema